Site icon Crónica3.com A Mariña

Pedreira pregúntalle ao PSOE se pensa que Cervo foi o único concello afectado polo temporal

Cervo, 30 de decembro de 2013- A edil Yolanda Pedreira saíu ao paso das críticas do grupo municipal socialista sobre as consecuencias do temporal no municipio de Cervo. A concelleira asegura que “os socialistas falan do temporal como se só pasase por Cervo, e este fose o único municipio afectado”.

Neste sentido, a edil explica que “como todo o mundo sabe, o temporal foi moi virulento e provocou diversos problemas en toda Galicia”. No caso de Cervo “estamos traballando dende o primeiro día para repoñer os danos”. En canto ás críticas do PSOE cervense, Pedreira asegura que “non temos constancia de ningunha queixa por parte de ningún veciño de Rúa sobre este asunto”, aínda que “ao mellor a queixa vén de amigos seus”, porque “esta é a súa forma de traballar, crear alarma e desprestixiar ao Concello”.

Exit mobile version