Site icon Crónica3.com A Mariña

Postal gañadora do XII Concurso de Foz

Postal Nadal 2013Foron un total de 567 postais recibidas no XII Concurso de Postais Nadal 2013 convocado polo Concello de Foz procedentes de todos os colexio da vila e a Asociación de Discapacitados Virxe do Carme de Foz. O xurado do XII Concurso de Postais Nadal 2013 de Foz determinou que na categoría infantil A levase o primeiro premio Bruno Rodríguez Docobo (7 anos) e, o segundo, Carmela Alonso Cuadrado (4 anos). En infantil B, Daniel Alonso (10 anos) levou o primeiro premio, mentres que Vania Barral (10 anos) o segundo. María Femenías e Iñaki Burundarena fixéronse co primeiro e segundo premio da categoría xuvenil, respectivamente. Ovidio Yañez López, da Asociación de Discapacitados Virxe do Carme, foi nomeado accesit especial. E, entre os gañadores, a felicitación institucional do Concello de Foz será representada pola postal de Bruno Rodríguez, no colexio público Nº1 que recibirá o premio especial. Dende a Biblioteca Pública Municipal agradecen “moitísimo está gran participación sabedores do moito traballo que hai nos colexios nestas datas e o esforzo de todos os nenos participantes e donde a calidade dos traballos puxo moi difícil a elección da postal gañadora”. Así, a Concellería de Cultura da os parabéns a todos.

Exit mobile version