Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción a Alberto Campos en Ribadeo

191213 Foto recepcion Concello RibadeoO salón de plenos do Concello de Ribadeo acolleu esta tarde o acto de recepción a Alberto Campos, que acadou a medalla de prata no campionato do mundo de Maratón en Copenhague. Campos, que forma parte do clube de piragüismo Altruán de Ribadeo, acadou o podio facendo parella en K2 con Francisco Vázquez do clube fluvial do Barco de Valdeorras. Na recepción, que presidiron o alcalde, Fernando Suárez, e o concelleiro de Deportes, Vicente Castro, estiveron tamén directivos do clube ribadense.

Exit mobile version