Site icon Crónica3.com A Mariña

Recollida de plásticos agrícolas en Ribadeo

O Concello de Ribadeo informa aos veciños e veciñas a través dun bando que “a partires deste momento, despois dunha negociación coa empresa, a recollida de plástico de silo realizarase porta a porta por medio da
empresa Geseco, (xestor autorizado deste tipo de residuos), aproximadamente cada 3 meses, que poderá ser variable en función das necesidades. Todas aquelas explotacións que precisen a recollida solicitarano no
Concello de Ribadeo a través do teléfono 982 120 701 (Departamento de Medio Ambiente). Naqueles lugares nos que existan dificultades para o acceso do camión de recollida da citada empresa, polas dimensións do mesmo, seguirase realizando a recollida co camión propio do Concello como se viña facendo ata agora, depositando os residuos temporalmente no lugar habilitado para tal fin nunha parte anexo a ó punto limpo municipal.

Exit mobile version