Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan dous meses de reforma da rúa Ramón González de Ribadeo con 110.000 euros de investimento

181213 Foto Ramon Gonzalez 1Ribadeo, 18 de decembro de 2013. Remataron as obras de reforma da metade da rúa Ramón González, que supuxeron un investimento de 110.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez, considera que “é unha boa actuación para o comercio local”.

O rexedor dixo que “estivemos apurando os prazos ao máximo e por fin podemos dicir que as obras desta primeira parte da rúa Ramón González están rematadas e a disposición de todos os veciños e de todos os usuarios que queiran pasar por ela. Isto remata o proceso dunha obra duns 110.000 euros que durante un período de dous meses estivemos a realizar”.

Para Suárez Barcia “agora pode dar unha imaxe do que esta rúa vai ser despois de que o ano que ven, si podemos continuar e culminar este proceso facendo a parte que nos queda, contribuirá a destacar e poñer en valor unhas das últimas rúas céntricas de Ribadeo que se atopaba en moi mal estado. Hai que lembrar que nestes seis ou sete anos anteriores a maioría das rúas do ámbito urbano foron modernizadas e humanizadas, pero estaba chamaba a berros pola súa reparación”.

O alcalde de Ribadeo engadiu que “agora con árbores, con farolas, con todos os suministros de electricidade, de gas, de cable, etc, soterrados é unha das rúas máis modernas que temos en Ribadeo. E só lle falla a outra parte, a outra metade. Si antes cada ano amañabamos dúas rúas, por poñer por caso, agora facémolo por metades, pero así o ano que ven poderemos ter todo perfectamente liquidado e será unha boa actuación para o comercio local, para o comercio desa rúa, que estaba un pouco esquecido, e seguro que moita máis xente paseará e se achegará a esa rúa”.

A rúa Ramón González quedará aberta ao tráfico nas vindeiras horas.

Exit mobile version