Site icon Crónica3.com A Mariña

RetoAlcoa, inicia a súa XII edición

RetoAlcoa, programa educativo de xestión empresarial para estudantes de bacharelato e formación profesional patrocinado por Fundación Alcoa e xestionado por Fundación Junior Achievement España, iniciou a súa duodécima edición coa apertura do periodo de inscrición de equipos o 2 de decembro, que permanecerá abierto ata o 30 de decembro. Están invitados a participar estudiantes de institutos de enseñanza secundaria, bacharelato e formación profesional das comunidades nas que Alcoa está presente.

RetoAlcoa repite un curso máis trala excelente acollida e valoración que ven obtendo ano tras ano, tanto por parte dos estudantes como de profesores e centros educativos –con participación de máis de 800 alumnos de en torno a 30 centros educativos – debido a que permite poñer en práctica os contidos da asignatura de Economía, coa tutela dos profesores e de maneira atractiva para os mozos nun formato de competición por Internet.

Dende a súa primeira edición en 2002, RetoAlcoa beneficiou a máis de 8.500 estudantes de 80 centros educativos das diferentes áreas nas que Alcoa está presente. Esta edición contará tamén con cinco seminarios de Habilidades para el Éxito, no que os estudantes da competición empresarial analizarán as 16 habilidades necesarias para ter éxito, aprenderán a redactar un currículo vitae, facer presentacións en público e coñecerán de primeira man as calidades que buscan as empresas nos seus futuros empregados. Os seminarios realizaranse en Alicante, Amorebieta (Vizcaya), Avilés (Asturias), A Coruña e San Cibrao (Lugo).

Fundación Alcoa e Junior Achievement, patrocinadora e xestora de RetoAlcoa respectivamente, poñen en común os seus recursos neste programa de competición por Internet que está concibido para axudar a comprender o funcionamento da economía e da toma de decisións empresariais dunha maneira amena e atractiva, mediante un programa de simulación por ordenador. As inscricións de equipos en RetoAlcoa poden formalizarse a través de Internet e deben contar coa tutoría dun profesor do centro educativo ao que pertenezan os alumnos aspirantes a participar.

Fundación Junior Achievement é unha organización internacional cuxo obxetivo é promover nos mozos un espíritu emprendedor. A súa misión é preparalos e inspiralos para que teñan éxito nunha economía global fomentando o espirito emprendedor que lles permita alcanzar as súas metas nun marco de responsabilidade e liberdade.

Fundación Alcoa é unha organización que se sustenta dos seus propios activos financieiros e non dos beneficios de Alcoa. Contribúe a mellorar e fortalecer as oportunidades en educación, asistencia médica, desenvolvemento cultural, medio ambiente e calidade de vida dos habitantes das comunidades onde Alcoa está presente. A formación e educación global das persoas é unha das súas principais áreas de actuación e nesa liña anima á participación en RetoAlcoa.

Exit mobile version