A proba celebrouse ás 12 da mañá nun circuíto conxelado pola xeada caída a noite anterior, sendo a primeira proba federada da tempada 2013/2014, onde os atletas do C.D.Egovarros-Viveiro demostraron estar en boa forma despois das vacacións, facéndose con 6 metais, 3 de ouro e 3 de prata.
Os medallistas foron:
– na categoría femenina: María Luísa López en W-40 (medalla de prata)
– na categoría masculina: Antonio Cabana en M-70, Eliseo López en M-60 e Ricardo Álvarez en M-45 (ouro) e Daniel Aguilar en M-65 e Andrés Piñón en M-40 (pratas).