Site icon Crónica3.com A Mariña

Último bingo do Campañazo de Foz

bingo-2910O pasado venres, 29 de novembro, celebrouse o último bingo do Campañazo que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz. A gañadora foi Eva María Pita Recalde, que resultou agraciada con 300 euros en vales de compra. O boleto gañador fora entregado na Expendiduría nº 2 (estanco) e tocou na cafetería Happy Days, ata onde se desprazaron os directivos da ACIA para facer entrega deste premios e dos outros 300 euros en vales de compra (50 euros para cada uno) ao resto dos cartóns premiados no bingo do venres. En total no Campañazo de ACIA Foz deste mes de novembro de 2013 participaron preto de 60 establecementos. E nos cinco sorteos celebrados repartíronse 3.000 euros en vales de compra. Esta iniciativa, que continúa a ser un éxito, volverá o vindeiro mes de xaneiro.

Exit mobile version