Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz considera que Foz necesita un PXOM, pero non votará este proxecto presentado por consideralo “inxusto e fóra da realidade”

UNIFOZ seguirá esta semana con charlas de información municipal e do PXOM.

Este mércores día 4, ás 20:00 h no C.Social de Santa Cecilia e ás 21:30h no C Social do Castro en Vilaronte.
En días pasados UNIFOZ, xuntouse cos veciños de San Martiño e Forxán, par recoller tamén as propostas dos veciños/as de estes lugares.

É sorprendente ver como na parroquia de San Martiño, a area de Ferreira a Vella, non se recolle no Plan como zona dotacional, ou o lugar de Lelle, que tamén se deixa en rústico.

En Forxán, tampouco se recolle o terreo colindante coa Escola, e na antiga N642, coexisten as ordenanzas 1 e 7 ,se delimitar onde empeza e remata, co prexuízo de que hai numerosas casas que quedan en ordenanza 7 como solo industrial.

UNIFOZ ten que denunciar na situación que quedan moitos dos terreos incluídos nos polígonos, por ser practicamente irreais de facer na práctica, co que eses terreos quedarán inmobilizados para os propietarios.
UNIFOZ tamén denuncia a situación na que quedan moitas das vivendas que quedan fora de ordenación, en especial no que respecta a súa depreciación do valor, en caso de hipotecas, ou outros casos similares.

Exit mobile version