Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz pide o “peche inmediato” e a “limpeza integral” dos servizos da Basílica de San Martiño

UNIFOZ pídelle con carácter urxente ao Sr Alcalde proceda a pechar os servizos (WC) que dan servizo a Basílica e San Martiño e proceda a súa limpeza integral.

“Os servizos que hai no entorno da Basílica de San Martiño, fai meses que non se limpan. É mellor, polo tanto, non poñer calificativo a esta situación de abandono por parte do Sr Alcalde”, critica Cancio.
“O monumento máis importante que ten o noso Concello, e un dos máis visitados, pero o Sr Alcalde e o seu equipo, nin se preocupan”, denuncian dende Unifoz.

Ademais, animan ao rexedor a visitar o lugar “se considera que non é verdade o que din os veciños ou UNIFOZ”. Así mesmo, explican que “non queremos publicar fotos da situación real de cómo se atopan os aseos para non danar a imaxe do entorno nin a imaxe do noso Pobo”.

Finalmente, conclúen pedindo “o peche inmediato dos aseos para que non pase o que en día pasados onde unha excursión visitou San Martiño”.

Exit mobile version