O grupo municipal de Unifoz manifesta que “o P.O.L. aprobado pola Xunta de Galicia, ten unha incidencia prexudicial para os veciños de Foz, concretamente para un grupo de vivendas situadas no final da rúa do Vicedo, das que obvia totalmente o documento a súa presenza”.
E, como consecuencia disto, o PXOM, non pode recoller a realidade urbana da zona, quedando o conxunto de vivendas sen recoñecemento do seu carácter urbano, co conseguinte prexuízo para os seus propietarios.
Por todo o exposto, UNIFOZ presenta o seguinte texto de MOCIÓN:
Que a Corporación Municipal acorde instar a Xunta de Galicia, para a modificación puntual do P.O.L. na rúa do Vicedo, tendo en conta a realidade urbana da zona.