Site icon Crónica3.com A Mariña

Xirandela na cea de Nadal de Mulleres de San Ciprián

pandereteirasAs pandereteiras da Asociación Xuvenil Xiradela, de Arteixo, ofreceron unha actuación organizada pola Asociación Mulleres de San Ciprián o sábado 14 de decembro como preámbulo da cea de Nadal, na que participaron unhas 100 socias así coma o alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias. As pandereteiras de Xiradela teñen un amplo repertorio e teñen actuado xunto a Carlos Núñez ou Dulce Pontes entre outros artistas recoñecidos.

Exit mobile version