Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove presenta a programación municipal para este Nadal

PRESENTACIÓN PROGRAMACIÓN NADAL 13-14 (1).A programación de Nadal do Concello de Xove xa deu comezo o sábado 14 co obradoiro de colocación do Belén e continúa este venres 20 de decembro coa visita de Papá Noel á Escola Infantil de Xove durante a Festa do Nadal antes de percorrer todas as parroquias do municipio na tarde do sábado 21.

O Parque de Xove será o escenario da inauguración do Belén Municipal ás 21.00 horas. E xa o luns 23 continúan os obradoiros de manualidades que se desenvolverá na OMIX dende as 11.00 ás 13.00 horas dirixidos a rapaces e rapazas de 3º a 6º de Primaria no que poderán participar previa inscrición ata o 18 de decembro.

O Salón de Actos do Centro Cívico acollerá a proxección do filme ‘El Ilusionista’ o martes 24 ás 16.30 horas; e o mércores 15, o pavillón municipal será o escenario do espectáculo infantil ‘A Bailar’ a partir das 18.00 horas que rematará con chocolatada.

O xoves 26 celebrarase no Centro Cívico o concerto de Nadal da orquestra clásica de Xove a partir das 19.00 horas; mentres que o venres 27 haberá xogos infantís e aeróbic na aula multideportiva en horario de mañá. Os rapaces e rapazas interesados en participar pódense inscribir no Concello ata o luns 23 de decembro. Ese mesmo prazo de inscrición deben respectar os interesados en participar no Torneo de Tenis de Mesa que disputarán na OMIX os rapaces de entre 12 e 30 anos.

O sábado 28 será a quenda da música co III Concurso de Karaoke para o que é preciso inscribirse atao 27 na oficina de Cultura ou o propio día no pavillón municipal onde comezará o espectáculo a partir das 21.30 horas, despois dos ensaios pertinentes.

O luns 30 de decembro repítense os obradoiros de manualidades na OMIX e o xoves día 2 a proxección doutro filme, ‘Fantástico Mr. Fox’ na OMIX a partir das 17.00 horas. Así mesmo, o venres 3 repítense as actividades da aula multideportiva, pero tamén haberá teatro no Salón de Actos do Centro Cívico a partir das 20.00 horas da man de ASPANANE.

O sábado 4 será o Día do Neno. A piscina municipal acollerá xogos acuáticos e o pavillón, inchables. Finalmente, o domingo 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as rúas de Xove a partir das 19.00 horas. Posteriormente no pavillón municipal celebrarase unha festa infantil con Dj Tapi-Decibelios a partir das 20.00 horas.

Exit mobile version