Site icon Crónica3.com A Mariña

A Área de Benestar Social da Deputación brinda o seu apoio á Fundación Eu Son de Burela

convenio_eusonA Mariña, 25 de xaneiro de 2014. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, vén de reunirse con Manuel Fernández Valle, en representación da Fundación Eu Son para asinar un convenio de colaboración entre a institución e o colectivo por valor de 1.500 euros.

A Fundación Eu Son, que nace da unión do Concello de Burela e da asociación de pais CAMIÑA, ten como finalidade proporcionar asistencial social a persoas con capacidades diferentes en idade laboral facilitando a súa integración en empresas ou centros especiais de emprego, así como prestar funcións tutelares, asistenciais, ocupacionais e calquera outro tipo de actividades formativas ou educativas tendentes a mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias e as súas familias.

No marco destas iniciativas, e grazas á colaboración da área de Benestar Social da Deputación de Lugo, a Fundación Eu Son continuará co seu labor de venda e difusión de cerámica que elaboran as persoas que conforman Eu Son no obradoiro do propio colectivo.

Exit mobile version