Site icon Crónica3.com A Mariña

A Cabalgata de Reis de Barreiros rematará no Centro Sociocultural cun belén vivente

Barreiros, 2 de xaneiro de 2014. O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro acollerá este domingo, día 5 de xaneiro, un nacemento vivente, onde rematará a cabalgata dos Reis Magos. Son actos organizados pola Delegación de Cultura do Concello de Barreiros.

O nacemento vivente abrirase ao público ás oito da tarde e para media hora despois está prevista a chegada dos Reis Magos ao centro sociocultural.

A oficina municipal de información xuvenil de Barreiros agradece a participación de mozos, mozas e outros veciños nestas actividades, que contan coa colaboración do Servizo de Xuventude da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Xunta de Galicia.

Exit mobile version