Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación esixe unha rectificación pública do PP tras coñecerse o auto xudicial das obras de Marco de Álvare

A Deputación de Lugo esixe do Partido Popular unha rectificación pública tras o auto xudicial das obras de Riortorto-Marco de Álvare-As Rodrigas onde figuran como denunciantes. Tras facerse público o sobresemento e arquivo da causa, o Partido Popular emitiu un comunicado no que asegura que non foron os denunciantes e que foi a fiscalía a que abriu dilixencias.

A sentenza recolle literalmente nos antecedentes de feito “…o presente procedemento incoouse polos feitos que resultan das anteriores actuacións, denuncia presentada pola FISCALÍA, en relación coa denuncia presentada por PARTIDO POPULAR respecto do expediente de contratación administrativa que obra unido a autos, OBRA RIOTORTO-MARCO DE ALVARE-AS RODRIGAS, P.K. 0,000-5,800 da Excma. Diputación Provincial de Lugo, practicándose as dilixencias de investigación que constan en autos”.

O auto do Xulgado nº 2 de Lugo tamén encarga notificar o sobresemento da causa ó Partido Popular “como denunciante perante á Fiscalía, á Excma. Deputación provincial de Lugo é a empresa adxudicataria da obra”.

Por todos estes motivos, a Deputación esixe unha rectificación pública do Partido Popular na que recoñeza que presentou a denuncia que finalmente foi arquivada dando a razón o organismo provincial na xestión das obras de Riotorto.

Exit mobile version