Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación impulsa o aproveitamento do monte colaborando coa Organización Galega de Comunidades de Montes

presentacion-asemblea-montesA Deputación colabora coa Organización Galega de Comunidades de Montes na organización da súa asemblea xeral ordinaria o vindeiro 8 de febreiro. A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín anunciou esta colaboración nun acto no que estivo acompañada polo representante no xurado das comunidades de montes lucenses e o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, Xosé Alfredo Pereira.

Durante o acto, a Deputada salientou “a importancia do monte en man común para a provincia pola superficie e máis polas posibilidades de explotación que representa”. Neste sentido, Regina Polín destacou o apoio decidido do organismo provincial polo medio natural como recurso para Lugo poñendo en práctica medidas e desenvolvendo iniciativas que impulsen o aproveitamento dos montes, creando emprego e fixando poboación no rural.

Na provincia de Lugo hai máis de 900 comunidades veciñais de monte en man común que xestionan 213.0000 hectáreas, o que representa o 315 da superficie da provincia. O vindeiro sábado, 8 de febreiro, reuniranse no Salón de Actos da Deputación os representantes de todas as comunidades de Galicia para debater, entre outros temas, a problemática dos montes consorciados e conveniados. Nesta mesma cita, convocaranse as eleccións para representar as comunidades de montes no xurado provincial de Lugo.

Exit mobile version