Homes e mulleres que votarán a reforma e que logo quizais non dubidarán en enviar ás súas fillas a abortar ao estranxeiro. E esas fillas que abortarán fillos non desexados porque teñen os medios para facelo estarán logo a favor da “defensa da vida”.
A hipocresía peninsular de sempre. Xente de misa de domingo que se xunta na Praza de Colón de Madrid para celebrar a familia e reciben a mensaxe do Papa “progresista” (resulta que se pode ser Papa e progresista) inspirándolles na súa “loita”. Unha “batalla” pola vida que recibiu a bendición de Lle Pen, por exemplo. Poden estar orgullosos.
Oxalá a maldade fose causa de aborto en este pais de charanga e pandereta porque entón Gallardón e outros moitos como el non nacerían. A Gallardón chamábanlle moderado. Ao Papa Francisco chámanlle progresista. A Franco outro xeneral da sua ralea decialle “A Paca culona” a outros por as Rias Baixas lles decian “A Trotona”. E a tod@s os demais chámannos imbéciles.
Otero Regal.