Site icon Crónica3.com A Mariña

A Peña Barcelonista San Miguel viaxa a San Sebastián

A Peña Barcelonista San Miguel organiza unha viaxe a San Sebastián para ver en directo e animar ó Barça, no partido de liga que se disputará o vindeiro 22 de febreiro en Anoeta. A expedición mariñá sairá dende San Miguel de Reinante o sábado 22 de febreiro ás 6 da mañá, coa intención de estar na cidade vasca a mediodía para disfrutar da cidade e da gastronomía da zona. Xa pola tarde, asistirán ó partido de liga R.Sociedade – FC Barcelona. Despois de pernoctar en San Sebastián regresarán o domingo, facendo unha parada a metade de camiño para comer. A chegada está prevista para o domingo ás 20 horas. O prezo para non socios é de 180 €, con viaxe en autobús, entrada ó partido e 1 noite de hotel en habitación dobre incluído. Os interesados en participar ou recibir máis información, pódense dirixir ó teléfono 625 821 044 ou por correo electrónico pbsanmiguel@yahoo.es. O prazo para apuntarse remata o día 11 de febreiro.

Exit mobile version