Site icon Crónica3.com A Mariña

A Semana Santa de Viveiro desvela os gañadores dos Premios do Concurso de Carteis deste 2014

“Lux Coeli”, de Juan López Jiménez, fíxose co primeiro Premio do Concurso de Carteis da Semana Santa de Viveiro.

A súa proposta de deseño gráfico foi premiada con 600 euros; pero tamén será o cartel da Semana Santa de Viveiro deste 2014, o primeiro no que goza do recoñecemento de Interese Turístico Internacional.

O xurado, reunido na Sede da Xunta de Cofradías este martes 21 de xaneiro, outorgou o segundo premio, dotado con 400 euros, á composición fotográfica de Oliver Requeijo baixo o título ‘Pasión de un Pueblo’.

Finalmente, o terceiro premio recae na pintura ‘La Redención de Cristo’ de Manuel Carballeira Rivas. A súa dotación económica é de 200 euros.

A entrega de premios e a presentación do cartel Semana Santa de Viveiro 2014 terá lugar o sábado 8 de febreiro ás 12.00 horas no Mutiusos do Concello de Viveiro.

Exit mobile version