Site icon Crónica3.com A Mariña

A Subela na residencia de anciáns de Foz

asubela-fozA Asociación Cultural “O CAIADO” celebrou o sábado pasado, un novo acto na residencia de Anciáns de Foz. Esta actuación, na que participou tamén público externo, contou coa inestimable colaboración da Fundación Alcoa. Nesta ocasión tocoulle quenda a Asociación Folclórica A SUBELA que fixo unha magnífica actuación de preto dunha hora, co seu grupo de gaitas, baile e pandereteiras de música tradicional galega. “O CAIADO” xa conta na súa axenda para o día 22 do mes de febreiro, coa esperada actuación do grupo de habaneras “Mar aberto”, que como preludio ó entroido, os componetes deste grupo musical irán difrazados ó igual que os propios residentes e coidadoras do Asilo, membros de “O CAIADO” e público en xeral.

Exit mobile version