Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Abrapalabra. As do peixe’, no Pastor Díaz

abrapalabra‘As do peixe’, é unha viaxe a través da memoria, unha crónica das mulleres traballadoras da conserva, baseada en testemuñas reais da vida nas fábricas a partir dos anos setenta e contada desde o momento actual. Catro mulleres -Conchi, Begoña, Lisa e Tere- reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de relembrar o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, logo de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechara, despois de moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver recuperalo. O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá a representación desta comedia teatral o sábado 1 de febreiro ás 20.30 horas. Dirixida a un público adulto, a peza de Cándido Pazó, conta cunha duración de 85 minutos e coa participación de Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro e Rocío González.

Exit mobile version