Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz celebra San Valentín sorteando unha fin de semana romántica para dúas persoas no Balneario da Toxa

Foz, 31 de febreiro de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz sorteará unha fin de semana romántica para dúas persoas no balneario da Toxa. Deste xeito queren agasallar a aqueles veciños e veciñas que ao longo destes días, ata o 16 de febreiro, realicen as súas compras de San Valentín no comercio de Foz e tamén ás que participen nas cuartas xornadas da cociña afrodisíaca que terán lugar do 14 ao 16 de febreiro en varios bares, mesóns e restaurantes.

O sorteo da fin de semana romántica na Toxa efectuarase o vindeiro 21 de febreiro ás 12 da mañá en Radio Foz. Unha man inocente será a encargada de extraer a papeleta da caixa na que quedarán depositados todos os boletos que se repartirán no comercio e na hostalería durante os vindeiros días.

Exit mobile version