Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo celebrará a súa asamblea ordinaria o vindeiro luns 3 de febreiro

Ribadeo, 27 de xaneiro de 2014. O salón de actos da antigua casa sindical acollerá o indeiro luns, 3 de febreiro, a partir das 20 horas en primeira convocatoria e a partir das 20:30 en segunda, a Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo.

Na orde do día figuran asuntos coma a aprobación da conta xeral de ingresos e gastos do exercicio de 2013; o informe de actividades a realizar e aprobación, se procede, do orzamento ordinario de 2014; días festivos, domingos de apertura e ampliación de horarios en hostalería durante este ano; actividades de comercio e hostelería a desenvolver durante os vindeiros 12 meses; a gala de ACISA que está prevista para o próximo mes de marzo e os actos a desenvolver para celebrar o 25 aniversario da asociación. Na Asamblea Xerral Ordinaria do vindeiro luns tamén se falará das luces de Nadal e da convocatoria de eleccións para proceder á renovación da xunta directiva que preside Roberto Rivas Tomé.

A reunión rematará co capítulo referido a rogos e preguntas.

Exit mobile version