Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades do Burgo de Trasbar para xaneiro

O local social de Trasbar acollerá este mes varias actividades. O sábado 18 a partir das 21.00 horas terá lugar a cea do campionato de tute e entrega de trofeos. O domingo 19 celebrarase ás 12.00 horas a sesión ordinaria da Asemblea de socios da Asociación de Veciños o Burgo de Trasbar. E o domingo seguinte, o 26 de xaneiro, o local social acollerá o comezo do campionato de parchís que se celebrará os sábados e domingos segundo o horario que lles conveña ás parellas. Finalmente, o mércores 29 a partir das 18.00 horas baixo a organización da delegación de Seguridade Cidadá do Concello de Cervo celebrarase unha xornada de prevención dirixida aos maiores en materia de atropelos que será impartida por Policía Local e Protección Civil do Concello.

Exit mobile version