Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuación participativa de Trípode en Marzán

tripode-marzanMáis de cincuenta persoas encheron o local da Asociación Veciñal “O Torques”, da parroquia de Marzán, en Foz, para contemplar a actuación do Grupo Humorístico Trípode, que volveu representar, como vén sendo habitual nestas datas, o seu “Xuízo anticorrupción”. Varios veciños acompañaron ós humoristas na súa actuación e participaron do protagonismo nas risas dos demais. Foi unha tarde divertida, na que todos desfrutaron, tanto os espectadores como os actores.

Exit mobile version