O Grupo Humorístico Trípode continúa coas súas actuacións pola Mariña. O vindeiro venres, 3 de xaneiro, ás 16,30 horas, actuará na Residencia de Anciáns de Ferreira do Valadouro. O 18 de xaneiro, sábado, ás 19 horas, participará na Gala Benéfica organizada por Cáritas na Casa da Cultura de Alfoz. Ó día seguinte, o 19 de xaneiro, domingo, ás 19 horas, estarán en Cangas de Foz. O día 25 de xaneiro, sábado, farán a súa actuación no local social da Comunidade de Veciños de Marzán, en Foz. Finalmente, xa en febreiro, o día 28, sábado, ás 21,30 horas, estarán no local social da Comunidade de Veciños de San Martiño, tamén en Foz. Agardan con ir concertando novas actuacións noutras datas.