Site icon Crónica3.com A Mariña

Arias recibe na Delegación Territorial ao novo Director de Unión Fenosa Distribución en Galicia, Juan José Picón

220114 Reunión co delegado en Galicia de Unión Fenosa distribuciónLugo, 22 de xaneiro de 2014.- A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, recibiu nas dependencias da Delegación Territorial ao novo director de Unión Fenosa distribución en Galicia, Juan José Picón. A delegada territorial serviu como toma de contacto e benvida a Picón no se novo cometido como responsable da empresa enerxética na comunidade galega.

Na xuntanza mantida, Arias e Picón analizaron a situación actual do subministro eléctrico na provincia e coincidiron en sinalar a necesidade de continuar coas vías de colaboración entre administración e empresa de cara a conseguir medidas que redunden na mellora do servizos aos usuarios.

A delegada territorial da Xunta amén fixo un chamamento ao novo responsable de Unión Fenosa distribución na comunidade autónoma para o aumento dos investimentos desta entidade na provincia.

Neste sentido, durante a xuntanza abordáronse, entre outros temas, a liña eléctrica Cervantes-Navia, así como actuacións nalgúns puntos dos municipios de Sarria e Palas de Rei, entre outros varios.

Na xuntanza, a delegada territorial estivo acompañada do xefe territorial de Economía e Industria, José Manuel Vázquez Leirado, e tamén participou o delegado da compañía eléctrica na zona sur de Lugo e en Ourense, Rubén Menéndez.

Exit mobile version