Trala duodécima xornada de Liga do grupo A da Primeira División Nacional de baloncesto feminino, o ED Lourenzá Ensino mantense segundo na clasificación con 9 partidos gañadores e 2 perdidos. Sitúase polo tanto a dous puntos das líder, a Universidade de Salamanca, que continúan invictas e suman 22 puntos.
As laurentinas veñen de gañar por 71-53 fronte a Covipro San Isidro nun partido desputado na casa este domingo despois das seis e media da tarde.
O vindeiro sábado 25 de xaneiro mediranse ó conxunto CAfetería-Cervecería Biblioteca Innobasket ás 20.30 horas.