Site icon Crónica3.com A Mariña

As viveirenses caen ante o Adarve por 7 goles a 2

O Viveiro desprazábase a Lugo corto de efectivos para enfrentarse a un dos equipos punteiros da categoría que acudía ao encontro co seu plantel ao completo.

O resultado (Adarve 7 – Viveiro FSF 2) é un tanto abultado para os méritos das viveirenses que na primeira metade souberon controlar o xogo combinativo das locais, que apenas se achegaban á portería defendida por Diandra; pero que souberon aproveitar una par de erros puntuais para adiantarse no marcador por 2-0.

Con este resultado parecía que se ía chegar ao tempo de lecer, pero nunha desgraciada xogada, a falla de 25 segundos para o remate da primeira metade, cando o Viveiro dispuña dun saque de esquina para intentar recortar distancias, este converteurse nunha contra que permitía ao conxunto local anotar o 3-0 sobre a bocina. Este gol deixou moi tocadas ás xogadoras do Viveiro, que se retiraron aos vestiarios coa sensación de non merecer o que o marcador reflexaba.

O inicio da segunda metade foi desastroso para o Viveiro FSF, xa que as xogadoras viveirenses aínda non se recuperan do mazazo do gol do final da primeira metade e en apenas sete minutos encaixou catro novos tantos que facían temer unha auténtica goleada.

Sen embargo as viveirenses volvéronse a meter no partido e conseguiron anotar dous tantos e incluso mereceron anotar algún máis.

Destaca o debut no primeiro equipo da porteira en idade infantil Nerea Abad que xogou gran parte da segunda metade demostrando as súas condicións, xa que logrou deixar a portería a cero nos minutos que disputou.

A semana que vén o Viveiro FSF desprázase ata Castro de Rei, co obxetivo de voltar a senda dos triunfos, diante dun dos equipos da zona baixa da clasificación.

Ficha técnica
Adarve: Sandra, Covi (1), Esther, Judit (2) e Helena (1). Tamén xogaron Mariña (3), Paula, María e Andrea.

Viveiro.: Diandra, Nerea, Xiana, Andrea (1) e María. Tamén xogaron.: Raquel, Marta (1) e Nerea Abad.

Exit mobile version