Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro rexistra no Parlamento a iniciativa urxente para a mellora da LU-124 no treito Lindín-Mondoñedo

Santiago, 23 de xaneiro de 2014.- No día de hoxe tivo rexistro no Parlamento de Galicia a iniciativa formulada polos deputados do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal-Martínez Sierra dirixida a promover a mellora da estrada de titularidade autonómica LU-124 e, máis en concreto, acometer con carácter de urxencia as reparacións no treito Lindín-Mondoñedo.

O deputado popular Jose Manuel Balseiro explicou que a proposición non de lei, iniciativa de impulso que implica, unha vez aprobada, un mandato expreso do Parlamento á Xunta, será tramitada polo procedemento de urxencia, co obxecto de axilizar este petición.

Balseiro aclarou que o obxectivo final desta iniciativa é adaptar o conxunto das vías de comunicación complementarias ante a inminente apertura do último tramo en obras da autovía do Cantábrico, un feito histórico que virá a completar esta importantísima vía de comunicación que sufriu importantes demoras como consecuencia de distintos condicionantes técnicos e xeolóxicos.

Os populares demandan tamén que Xunta e Fomento continúen coordinándose e supervisen as obras complementarias previstas tras finalizar os traballos de construción da autovía e a execución –na súa integridade- do proxecto proxectado polo Goberno galego para o arranxo do conxunto desta estrada autonómica.

Exit mobile version