Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro salienta que maiores de 45 anos e mozos son prioridade nos programas de fomento do emprego da Xunta

balseiro-populareslugoLugo, 31 de xaneiro de 2014.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro salientou que os maiores de 45 anos e os mozos constitúen dous colectivos prioritarios para o acceso aos programas de fomento de emprego da Xunta.

Tras lembrar isto, insistiu en que o PSOE “chega tarde” coas mocións que os socialistas están rexistrando nalgúns concellos da provincia, e nas que solicitan un plan específico en apoio a estes dous colectivos que xa contan cun trato preferente por parte da administración autonómica.

“O PSOE unha vez máis está sen rumbo e, moi en particular na provincia de Lugo andan despistados. Reclamando o que xa existe, como é un apoio reforzado da Xunta a maiores de 45 anos e mozos”- replicou Balseiro.

O secretario xeral dos populares lucenses lembrou que só en 2013 o Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo destina máis de 50 millóns de euros nun amplo paquete de medidas que inclúen diversas actuacións en materia de formación, orientación, programas integrais e obradoiros de emprego.

Con todo, atribuíu estas manobras do PSOE, a un intento de “lavar a súa imaxe. Moi deteriorada logo de que os lucenses comprobásemos como empregan a Deputación de Lugo dun xeito partidista e sectario, para beneficiar a só uns poucos, e deixando fóra á unha inmensa maioría dos parados do plan de emprego posto en marcha por Besteiro”

A XUNTA APOSTA POLA CREACIÓN DO EMPREGO
Conscientes de que o principal reto das administracións públicas é a loita contra o desemprego, Balseiro aclarou que o actual Goberno galego mantivo a totalidade dos programas para persoas desempregadas prestando, insistiu unha vez máis, atención preferente aos colectivos con especiais dificultades de integración no mercado laboral, como é o caso dos mozos e maiores de 45 anos.

Como exemplo, e en apoio da súa afirmación, Balseiro exeplicou que as ordes nos que os mozos e os maiores de 45 anos son un colectivo prioritario son as seguintes:

• Orde para a contratación de persoas desempregadas (Plans de Cooperación), que chegan a todos os concellos sen excepción.

• Orde para a contratación de Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local.

• Orde para a realización de Accións destinadas á Información, Orientación e Busca de Emprego.

• Orde para a realización de Programas Experimentais de emprego.

• Orde para a realización de Programas Mixtos e de Formación (Obradoiros de Emprego).

Tamén indicou, a modo de reflexión final e fronte as críticas efectuadas polo PSOE que os criterios de valoración empregados pola Xunta para o outorgamento destas axudas son os que se recollen nas convocatorias desde o ano 1998 e, polo tanto, que non variaron respecto dos que empregaba o malogrado Goberno bipartito durante a lexislatura 2005-2009.

Exit mobile version