Site icon Crónica3.com A Mariña

Bayer e xente de tropa

“Nós non desenvolvemos este medicamento para os indios, desenvolvémolo para os pacentes occidentais que poden permitirllo”. Estas foron as palabras do conselleiro delegado de Bayer, Marijn Dekkers, nunha entrevista concedida a unha revista.

As declaracións veñen a colación das novas licenzas que India está aplicando sobre a propiedade das patentes farmacéuticas, o que repercutirá a favor dos fabricantes locais para que produzan medicamentos xenéricos a un prezo máis barato e asequible para toda a poboación.

En concreto, a medida está encamiñada aos tratamentos contra o cancro, VIH e diabetes, pero o Goberno indio planea amplialo a 20 medicamentos máis, como forma de presión para que os fabricantes baixen os prezos.

Deste xeito, India conseguiría satisfacer as necesidades dos seus cidadáns máis pobres. Nun país con 1.200 millóns de habitantes, 65 millóns padecen diabetes e 2.1 millóns son portadores do VIH. A firma Natco Pharma foi a primeira empresa nacional en obter unha destas licenzas. Grazas a ela, elaborou o xenérico do Nexavar, un anti canceríxeno de Bayer que custa un 97% menos que o orixinal.

En 2013, Bayer decidiu recorrer o caso e na actualidade atópase en mans do Tribunal Superior de Bombay. Para o conselleiro delegado de Bayer, estas licenzas son “esencialmente un roubo”. Médicos sen Fronteiras afirma que “isto é un reflexo do xeito perverso na que se desenvolven hoxe en día os medicamentos. As enfermidades que non reportan beneficios ás grandes farmacéuticas non entran nos seus plans”.

Isto é un reflexo do xeito perverso na que se desenvolven hoxe en día os medicamentos. As compañías farmacéuticas están claramente enfocadas en multiplicar as ganancias e para iso presionan dun xeito enormemente agresivo co obxectivo de lograr patentes e elevar os prezos. As enfermidades que non lles reportan beneficios non entran nos seus plans, e os pacientes que non teñen diñeiro para pagar os medicamentos quédanse unha e outra vez fóra da foto. As grandes compañías farmacéuticas afirman que se preocupan polas necesidades sanitarias mundiais, pero teñen un longo historial ás súas costas que demostra o contrario.

As cousas non teñen por que ser así. A innovación médica pode ser incentivada dun xeito diferente, e o investimento en investigación pode ser recuperada sempre que se poñan os fármacos a disposición de todo o mundo, e que isto se faga a uns prezos que non exclúan a millóns de persoas da posibilidade de acceder a un tratamento. En lugar de seguir sendo unha parte do problema, as grandes compañías deberían traballar para ser unha parte da solución e cambiar así o rumbo do I D farmacéutico.

Otero Regal.

Exit mobile version