Site icon Crónica3.com A Mariña

Cabalgata en Mondoñedo

Este domingo 5 de xaneiro as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegaran á cidade do Masma a partir das 16.30 horas. Como ven sendo costume visitarán en primeiro lugar na Alameda dos Remedios o Hospital de San Pablo para dirixirse posteriormente á Residencia San Rafael. Unha vez rematada a vista no Asilo de anciáns a comitiva acompañada de pastores e pastoras así como unha gran carroza onde viaxan os Reis Magos, percorrerán as principais rúas da cidade ata chegar ás 18.30 horas ao Auditorio Municipal Pascual Veiga onde as súas Maxestades recibirán a tódolos/as nenos/as que se acheguen para recibir o seu agasallo.

Exit mobile version