Site icon Crónica3.com A Mariña

Campañazo do 17 de xaneiro

campanazo-17xaneiroEste mércores entregáronse na cafetería Happy Day, de Foz, os premios do Campañazo do pasado venres, 17 de xaneiro. A gañadora do bingo foi María Subeira Toribio, que obtivo 300 euros en vales de compra para gastar no comercio focense ao longo das vindeiras semanas. María fíxose co cartón co que participou no Campañazo en Viajes Rodríguez e seguiu o sorteo na cafetería Happy Day. Tamén recibiron o seu premio, de 50 euros en vales de compra, o resto dos cartóns premiados. Mañá, venres, a partires das once da noite ACIA Foz porá en xogo outros 600 euros no seu tradicional Campañazo de xaneiro.

Exit mobile version