Site icon Crónica3.com A Mariña

Cheo absoluto no Traste para a presentación de AMAM en Burela

Puido ser maxia, mais a verdade é que o Traste estivo cheo de xente para a presentación de AMAM.

Ao achegarse a hora da presentación xa se sentía un ambiente distinto, algo misterioso e as miradas recalaban nunha mesa con dez magos ceando, unha comida que serviu para coñecerse persoalmente entre os primeiros socios de AMAM e para ir entrando en materia para a presentación.

Cun pouco de retraso por mor da multitude e o espazo, comezou a presentación da asociación en Burela, en O Traste, onde o presidente de AMAM presentou en palabras de todo o grupo, a nova iniciativa mariñá.

As e os espectadores estaban desexosos de sentir a maxia, e despois de dous minutos de presentación en palabras, chegou a hora para a posta en escena. Comezou o Mago PI, seguido do Mago Jorge, logo o Mago Kiko e finalmente Senín pechou a performance xeral, chea de distintas ilusións que inundaron o local de aplausos.

Logo chegou a cercanía, a próximidade a xente, todos os magos, antes mencionados, ademais de Carlos, Rubén, Miguel, Alberto e Javi, fixeron soñar, sorrir, emocionar a todas e todos os que alí estaban esperando ser sorprendidos e que mantiveron o sorriso na cara ata que chegaba o aplauso.

Dende AMAM dan “un millóns de grazas pola acollida, tanto socialmente coma nos medios de comunicación, e a firme promesa de que non defraudaremos en ningún momento”.

Esta presentación foi un grande éxito e xa estamos pensando en facela en todos os concellos da Mariña para que se coñeza a asociación e disfruten da maxia que os rodea.

Exit mobile version