Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezan as rebaixas de inverno en Foz

O vindeiro martes, 7 de xaneiro, dan comezo as rebaixas de inverno no comercio de Foz. Desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos animan á xente “a achegarse á nosa vila para aproveitar os importantes descontos que atoparán no noso comercio tradicional. Descontos que nalgúns casos chegarán ata o 70 ou o 80%. Este é un bo momento para mercar aquelas prendas ou o calzado de temporada e de primeiras marcas que precisemos a prezos moi rebaixados”.

Exit mobile version