Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron en Burela os preparativos do Antroido 2014

Burela, 16 de xaneiro de 2014. Oito asociacións de Burela participaron este mércores na xuntanza celebrada no Concello co equipo de goberno para preparar o Antroido de 2014. Acudiron a ACIA, O Vencello, O mellor de cada casa, Ledicia, Mulleres en Igualdade, asociación de amas de casa Praia da Marosa, Vagalume e o ANPA do colexio Vista Alegre.

A concelleira de Cultura, Mónica Pedre, sinalou que “o que lles plantexamos desde o equipo de goberno é que Burela celebre o Antroido, pero sen saírnos do guión do ano pasado. A situación económica é a que é, e iso debemos telo moi presente”. A edil popular considera que “o Antroido do ano pasado foi máis que digno e rexistrou unha importante participación”.

Os actos que se organicen desenvolveranse desde o 27 de febreiro ao 4 de marzo. O programa pecharase nunha nova xuntanza prevista para o vindeiro luns, 20 de xaneiro, ás oito da tarde no Concello. O presuposto do Antroido burelés está por definir, “pero será similar ao do ano pasado”.

Mónica Pedre e o alcalde, José Mª González Barcia, agradecen “a disposición e a participación de todas as asociacións que onte estiveron presentes e animamos ao resto de colectivos de Burela a que acudan á xuntanza do vindeiro luns e a que participen no Antroido de 2014 na medida das súas posibilidades”.

Exit mobile version