Site icon Crónica3.com A Mariña

Dani Pérez reforza o Atleti de Primeira autonómica de fútbol

dani perezDaniel Pérez Mato, “Dani”, retorna á casa que o veu medrar dende a categoría cadete. Incorpórase para cubrir, ademais, a baixa de Pitero que ten que deixar temporalmente o equipo por motivos laborais.

Segundo as súas declaracións, volve “non coma un salvador, senón para aportar o seu grado de area nun Atleti en situación complicada”. O equipo agora mesmo está a 4 puntos da salvación.

Dani formouse nas categorías inferiores das Escolas e con elas proclamouse campión Cadete, logo estivo nos anos gloriosos do primeiro equipo onde se proclamaría campión de Copa Deputación e lograría o ascenso a Primeira Autonómica; e logo de militar na mesma durante unha temporada pasaría a formar parte das filas do Ribadeo e máis tarde do Valadouro, último equipo do que procede.

Adestrador de porteiros
Tamén fará as funcións de adestrador de porteiros das categorías inferiores.

Exit mobile version