
Este sábado 11 de xaneiro trinta sendeiristas de Pasada das Cabras realizaron a ruta dos Muíños en Os Oscos. Un día gris acompañounos durante os case dez quilómetros dos que consta a ruta que parte de Bres -onde existe unha escola Hispano-Arxentina-. Dende alí continuaron por unha zona boscosa espectacular con castiñeiros e carballos, pasando continuamente xunto a muíños -algúns en funcionamiento ata fai ben poucos anos- e aldeas tan curiosas coma a de Cabaza, con tan so catro casas, ata chegar á aldea de Brantaramundi, o punto máis alto da ruta. De volta a Bres puideron finalizar esta ruta circular para repoñer forzas no restaurante de Taramundi. A próxima ruta será o 8 de febreiro e desprazaranse a Piantón-Vegadeo para realizar a ruta do Mazo de Meredo.