Site icon Crónica3.com A Mariña

Derbi provincial, no remate da Liga Nacional Xuvenil

O CD Burela FS Pescados Rubén despedirá a Liga Nacional Xuvenil este domingo en Vista Alegre con derbi provincial. Dende unha cómoda terceira praza (30 puntos) os laranxas intentarán facer os deberes ante o Vilalba FS para non renunciar ás súas posibilidades de finalizar en segunda posición. Azkar Lugo FS (33 puntos) intentará facerse co título de campión ante O Esteo FS; empatado a puntos cos transportistas o Santiago Futsal medirase a ADFS Bueu.

Nos primeiros compases da segunda volta de Autonómica, os cadetes recibirán o ADFS Bueu o sábado ás 17.00 horas e os infantís enfrontaranse aos Meigallos FS ás 18.30.

A xornada de Deporte Escolar concéntrase na mañá do sábado, cos cadetes e infantís laranxas como locais e os alevíns e benxamíns lonxe da casa, nas terras do Landro.

Na Liga de Imdecum, o Prebenxamín 1 pechará a primeira volta o domingo coa EDM Cervo (Vista Alegre, 10.00 horas)

Visita da Selección Galega
O conxunto xuvenil laranxa de Liga Provincial protagonizará hoxe un amigable en Burela coa visita da Selección Galega Cadete, cos metas laranxas Aarón e Noé vestidos de branco e azul. Vista Alegre acollerá o partido ás 18.30 horas.

Liga Nacional Xuvenil
CD Burela FS-Vilalba FS

Domingo 2 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Cadete
CD Burela FS-ADFS Bueu

Sábado 1 de febreiro, ás 17.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Infantil
ED Burela FS-Os Meigallos FS

Sábado 1 de febreiro, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Deporte Escolar
EDM Riotorto Cadete- CD Burela FS Cadete A

Sábado 1 de febreiro, ás 11.30 horas, no pavillón municipal de Riotorto

CD Burela FS Cadete B-CFS Cidade de Viveiro Cadete

Sábado 1 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

ED Burela FS Infantil A-ED Burela FS Infantil C

Sábado 1 de febreiro, ás 11.00 horas,no pavillón Vista Alegre de Burela

ED Burela FS Infantil B-ACD Xove Infantil (aprazado)

Escolas Celeiro Xove FS Alevín B-ED Burela FS Alevín

Sábado 1 de febreiro, ás 10.15 horas, no pavillón de Celeiro

AD Praia de Covas Benxamín-ED Burela FS Benxamín

Sábado 1 de febreiro, ás 11.30 horas, no pavillón Anxo Tarrío de Viveiro

Liga Prebenxamín da Mariña
ED Burela FS-EDM Cervo (Prebenxamín 1)

Domingo 2 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Amigables
CD Burela FS Xuvenil Provincial-Selección Galega Cadete

Xoves 30 de xaneiro, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Exit mobile version