O primeiro encontro ante o Oleiros D empezou con dous partidos gañados polo equipo local seguido de dúas vitorias do equipo ribadense. O equipo local volveuse a adiantar para despois volver a igualar o EFEGA. Así pois, co marcador empatado a tres partidos, o encontro houbose decidir no sétimo e definitivo partido no que Raúl se impuxo por 1-3.
De novo, partido emocionante que caeu do lado do EFEGA FORMACIÓN Ribadeo.
E o segundo encontro, ante o Oleiros B, fue case un calco do primeiro. Alternancia no marcador ata chegar ao sétimo partido que, afortunadamente para o EFEGA, tivo idéntico resultado. Nesta ocasión foi Diego o que decidiu o encontro a favor do equipo mariñán por 1-3.
Nesta xornada, o xogador do EFEGA máis destacado foi Javier que se impuxo nos seus catro partidos.
O equipo ribadense vai sumando puntos e da un gran paso n clasificación avanzando dous postos e o máis importante, saíndo dos postos de descenso.
Tenis de mesa 3º Nacional – Jornada 11ª (Dobre encontro)
18/01/2014, 16:00
Breogán Oleiros D Vs. EFEGA FORMACIÓN S.D. Ribadeo
Diego Pérez, Raúl Barcia e Javier de Burgos. Dobres: Diego Pérez e Javier de Burgos
Resultados: 3-1, 3-1, 1-3, 1-3 (dobres), 3-1, 2-3, 1-3.
Resultado definitivo 3-4
18/01/2014, 19:00
Breogán Oleiros B Vs. EFEGA FORMACIÓN S.D. Ribadeo
Raúl Barcia, Diego Pérez e Javier de Burgos.
Dobres: Raúl Barcia e Javier de Burgos
Resultados: 0-3, 3-1, 1-3, 3-1 (dobres), 3-0, 2-3, 1-3.
Resultado definitivo 3-4