Adrián Canoura e Breixo Llano, ambos estudantes de Producción de cine, televisión, radio e espectáculos, están a ultimar a fase de edición deste proxecto audiovisual que comezou a súa rodaxe no verán do 2013.
Todo comezou a finais do curso 2012-2013 cando se plantexaron facer un proxecto audiovisual durante as vacacións do verán. Breixo suxeriu esta historia “dun barco francés que fai 20 anos tivera problemas con barcos españois e fora traído a Burela”.
Tras descubrir a historia da Guerra do Bonito, comezaron o proceso de investigación e preproducción contactando con persoas involucradas ás que entrevistaron para o documental. O material audiovisual complétase con documentos de arquivo prestados polos veciños que se mostraron colaboradores en todo momento.
Foi durante este Nadal cando lograron rematar a gravación. Agora, inmersos no proceso de edición, fan público este adianto de 40 segundos.