Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous ouros para o Club de Remo Celeiro no Campionato Galego de Remo Indoor

remo-celeiroO Club de Remo CELEIRO, participou con 11 remeiros no Campionato Galego de Remo Indoor que se celebrou este domingo no pavillón da Malata en Ferrol.

Os celeirenses, adestrados por Pablo Piñeiro conseguiron dúas medallas de ouro. Na categoría de Remo Adaptado, Álex González volveu a subir, por segundo ano consecutivo, ao máis alto do podio cun tempo de 4.41.9 superando ao representante de Samertolomeu de Meira en 8.8 segundos. Na categoría veterano feminino, Mariluz Iglesias, conseguiu unha meritoria vitoria.

En categoría veterán masculino, Martín Rego, cun tempo de 3.13.4 acadou un meritorio cuarto posto, a tan só 1.5 segundos do terceiro clasificado. Nesta categoría a vitoria foi para Enrique Martínez do CR Perillo cun tempo de 3.03.5

Os tres integrantes da plantilla do CR Celeiro, estarán o vindeiro sábado no Campionato de España de Remoergómetro que se celebrará en Sevilla.

Ademais, o CR Celeiro, participamos en categoría alevín feminino, con Elena Fernández no posto 16º e Laura Ventura 19º. En categoría alevín masculino Hugo Timiraos acadou un meritorio 5º posto, e Hugo Timiraos no 22.

En categoría xuvenil, na competición por equipos, o equipo de Celeiro, formado por Cristian Giz, Marcos Santiago, Victor Costa e Alejandro Piñón, remataron en 7ª posición. Na competición individual, Alejandro Piñón rematou a proba no posto 14, Victor Costa no 24 e Cristian Giz no 25.

Exit mobile version