Site icon Crónica3.com A Mariña

En Burela tamén se concentraron contra a violencia de xénero

Mujeres en Igualdad Burela agradece a asistencia do “gran número de persoas” que se achegaron este mércores á praza do Concello de Burela en sinal de repulsa polas últimas vítimas de violencia de xénero e demostrando unha vez máis que “contra a violencia de xénero, tolerancia 0”.

Así mesmo, dende Bumei agardan que “isto sirva para frear esta lacra social que foi capaz de cobrarse a vida de 48 mulleres no 2013 deixando 42 nenos orfos e outras 5 vítimas no que vai de ano en España.

A presidenta do colectivo, Mary Fraga, explicaba que “hoy pude percibir el sentimiento de impotencia dolor y angustia que trasmitíais durante los cinco minutos que guardamos de silencio. Se percibía en el aire al respirar, en los gestos de los asistentes y también en los rápidos latidos de nuestros corazones. La noche se sentía más fría de lo que realmente era, más triste, más oscura… pero el calor humano que allí se palpaba no se podía ignorar por su evidencia. Todos fuimos hoy un poquito más humanos, un poquito más humildes y un poquito más solidarios. Hoy todos teníamos un sentimiento mutuo, sin ningún tipo de distinción racial, sexista, ideológica, etc. Hoy todos fuimos uno gritando desde lo más adentro de nuestros corazones: BASTA YA, NI UNA VÍCTIMA MÁS!”.

“Adela e María José, lamentablemente sempre serán recordadas coma as primeiras mulleres mortas por violencia de xénero na comarca. Por iso, “para que non volva a ocorrer, temos que denunciar ante calquera sospeita de violencia de xénero. Non podemos mirar para o outro lado, cando sospeitamos que na casa do lado, a nosa veciña está sendo vítima de violencia. Temos que reaccionar e denunciar. Unha chamada a tempo pode salvar moitas vidas. Para iso está dispoñible o número de teléfono 016 de axuda á muller, na que a identidade permanece oculta e tampouco se reflexa na factura telefónica. Con este simple feito a violencia de xénero desaparecería”, advirte Mary Fraga.

Concello de Burela
Á concentración tamén asistiron o alcalde, José Mª González Barcia, e varios concelleiros e concelleiras do equipo de goberno: Manuel Fernández Valle, Diana Durán, Mónica Pedre e Beatriz Piñeiro.

Arredor de douscentos veciños e veciñas de Burela quixeron amosar o seu apoio á familia das dúas mulleres asasinadas este luns en San Cibrao (Cervo).

BASTA YA, NO MAS VICTIMAS!!!

Exit mobile version