Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os agasllos da campaña ‘Un neno, un xoguete’ en Barreiros

unxoguete-barreirosO salón de plenos do Concello de Barreiros acolleu este venres a entrega de agasallos a nenos e nenas do municipio dentro da campaña ‘Un neno, un xoguete’. As súas maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar deixaron no Concello os regalos para que llelos entregasen o alcalde, Alfonso Fuente, e a concelleira de Servizos Sociais, Alina Rodríguez. A campaña ‘Un neno, un xoguete’ está organizada polo Concello de Barreiros a través da Rede de Voluntariado Local en colaboración coa asociación VEA co obxectivo de que ningún pequeno quede sen xoguetes no Nadal.

Exit mobile version