Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados os premios do Certame de Poesía de Nadal 2013 da biblioteca municipal Juana de Ibarbourou

310114 FOTO ENTREGA DE PREMIO POESÍA NADAL LOURENZÁLourenzá, 31 de xaneiro de 2014. Os premiados no certame de poesía de Nadal 2013 da biblioteca pública municipal Juana de Ibarbourou, de Lourenzá, recibiron os seus agasallos e diplomas.

No acto participaron a alcaldesa, Emma Álvarez; a concelleira de Cultura e presidenta do xurado, Lupe Flórez; a técnica de Cultura, bibliotecaria e secretaria do xurado, María José López; a educadora familiar, Dolores Villasuso, que tamén formou parte do xurado, no que ademais estaba a traballadora social, Pepa García, que non puido asistir á entrega de premios.

No acto estiveron todos os premiados agás unha nena, que non puido asistir por atoparse enferma.

As fotos foron realizadas pola fotógrafa local Lucía Valea, a quen o Concello agradece o seu traballo.

 

Gañadores do Certame de Poesía de Nadal 2013

 

Categoría A (ata 8 anos)

1º premio

Claudia Carril Cabaleiro

2º premio

Nerea Álvarez Valea

3º premio

Safae Tazaghart

Categoría B (de 9 a 11 anos)

1º premio

Antía Lillo Irimia

2º premio

Elena Lodos Uz

3º premio

Xaquín Sánchez Villalba

Categoría C (de 12 a 16 anos)*

1º premio

Zohra Itrih

2º premio

Adnan Itrih

3º premio

———

* O terceiro premio desta Categoría queda deserto, ao non presentarse máis que os dous traballos seleccionados.

Exit mobile version