Ribadeo, 2 de xaneiro 2014.– O obradoiro artístico “Contos de pícar@s imaxinando o tren” remata este venres na Pontenova coa presencia do alcalde, Darío Campos. A Pontenova e San Tirso de Abres son os primeiros dous concellos de Galicia e Asturias que participan nun proxecto artístico que levará ás nenas e nenos a imaxinar qué ocorrería se volvese a funcionar o antigo tren mineiro Vilaoudriz-Ribadeo. En San Tirso, os obradoiros prolónganse ata o mes de marzo.
O obradoiros contemplan clases de arte, maquetación artesanal dun libro, escritura creativa, debuxo de paisaxe, toma de fotografías, gravación dun vídeo, excursións, performaneces, charlas e ata sesións interxeneracionais de Arteterapia. Como resultado de todas estas actividades, farase posíbel unha exposición de libros-escultura, bocetos, notas e fotografías. Asimesmo, o proxecto contempla a publicación dun libro final patrocinado pola Deputación de Lugo.
Foto: Sesión de traballo con Lucía Vila, profesora de ilustración.