Site icon Crónica3.com A Mariña

ForGA-Burela pon en marcha a nova programación de formación continua

ForGA-Burela pon en marcha a nova programación de formación continua para traballadores/as da empresa privada na comarca da Mariña a desenvolver entre os meses de febreiro-xuño de 2014.

Neste periodo realizaranse os seguintes cursos:
• Cociña económica de tempada e creativa 35h

• Animación social para persoas dependentes en institucións 35h

• Os blogs como ferramenta. Creación, uso e mantemento 35h

Os cursos están dirixidos a persoas que estén traballando na empresa privada, pero tamén hai unha porcentaxe de prazas para traballadores desempregados/as.

Os cursos de cociña e blogs realizaranse en horario de 20 a 22 horas de luns a xoves. E o curso de animación social impartirase os venres pola tarde e sabados pola mañá.

Máis información: forGA-Burela, Av Arcadio Pardiñas 137 entrechán Burela 982581861-982253865. www.forga.gl

Exit mobile version