Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela xa aboou 10 das 22 subvencións nominativas concedidas con cargo ao presuposto municipal de 2013

Burela, 29 de xaneiro de 2014. O concelleiro de Economía, José Casas, asegura que o Concello xa aboou 10 das 22 subvencións nominativas concedidas con cargo ao presuposto municipal de 2013. As pendentes serán pagadas en breve.

O edil popular indicou que “a día de hoxe levamos aboadas xa dez das 22 subvencións nominativas que concedemos con cargo aos orzamentos municipais de 2013. As restantes pagaranse en breve, tendo en conta que houbo que solicitarlle a algún colectivo que completara documentación”.

O importe total das subvencións concedidas polo equipo de goberno burelés con cargo ao presuposto de 2013 ascenden a preto de 24.000 euros.

O concelleiro de Economía dixo que “a intención é aboar as que quedan pendentes do 2013 canto antes. Se a documentación que presenten está ben serán pagadas enseguida” e anunciou que “o vindeiro mes de febreiro iniciaremos os trámites para que os colectivos que se beneficien das subvencións nominativas con cargo ao exercicio presupostario de 2014 poidan firmar os convenios correspondentes e presentar a documentación esixida para xustificar o importe desas axudas”.

José Casas sinalou que “si o ano pasado a intención era aboalas agora a principios de 2014, neste novo ano a nosa intención é que estes colectivos poidan recibir ditas subvencións no primeiro semestre”.

Exit mobile version